¿Por qué as matan?

¿Por qué as matan?

18 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nos últimos dous anos 149 mulleres morreron a mans dos seus compañeiros sentimentais en España, 74 no ano 2007 e 75 no 2008. A comenzos desta década esa cifra foi de 63 o que pon de manifesto que a tendencia á violencia de xénero e ás mortes por esta causa sigue estando ao alza. Cáseque 400 denuncias diarias por malos tratos, e máis de 15.000 ordes de protección dictadas no pasado ano non semellan instrumentos suficientes para frear es

Para o experto en psicoanálisis, que está mañá falou no marco das Xornadas de Violencia de Xénero de "Identidade Feminina: Amor e Maltrato", as claves deben partir do feito de que cada historia de maltrato é unha particularidade e como tal debe ser abordada individualmente para frear as repeticións. Sinala Manuel Fernández como raíces do amor maltratado as diferencias existentes entre a lóxica masculina e a feminina, antagónicas e contrapostas, como eixo desencadeante das situacións indesexables. A diferencia máis manifesta a sitúa na separación que o home fai entre amor e goce sexual,- na que o obxecto do amor é o que se idealiza e o obxecto de goce pasa a ser o degradado, é dicir a súa parella.-, e a postura femenina que consinte tal situación co único fin de obter o sinal de amor do home.
Estas situacións degradantes e consentidas pasan a ser para a muller obxecto de goze convertíndose no maior condicionante que a muller ten para abandoar unha relación marital.

Manuel Fernandez alude tamén como causa destes comportamentos ao que el denomina “conductas infantilizadas”  no sexo masculino, que non responden a outra cousa máis que a “unha demanda de amor permanentemente decepcionada dende a súa infancia”. É a perda do signo de amor dos país o que fai que o home asuma estas conductas infantís de manexo, acaparación, e pavor ante algo que se pode perder. E preciso por elo, suliña o experto, analizar o tamén o por qué das conductas retroactivas das mulleres cos seus agresores,  que nun número importante rematan por retirar as denuncias ou perdoar estes actos. A enorme dependencia subxetiva das féminas revélase como unha das causas destas reaccións, algo para o que as medidas legais seguen sendo a ser inoperantes e ineficaces.

Sociedade