Á altura dos mellores viños do mundo

Á altura dos mellores viños do mundo
15 de Febreiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"O viño galego é máis atlántico, fresco, floral, de trago largo pero está á altura de calquera viño do mundo" indica Suso Formoso da viñoteca O Gaiteiro en Laraxe (Cabanas). O establecemento abriuno o pai de Suso en 1970 como merendeiro. En 1984 colleuno Suso e se propuxo elaborar unha viñoteca, atendendo á clientela con agarimo. 

ESCOITA O PODCAST:
Suso Formoso. Viñoteca O Gaiteiro. Laraxe. Cabanas

"Ven xente de toda Galicia, buscando produtos seleccionados como xamón e anchoas e viños de moita calidade" indica o hostaleiro. "Escapamos das aglomeracións e buscamos a tranquilidade". "O cliente ten que chamar para entrar, mellor é reservar". Augura un gran futuro para o sector do viño en Galicia, e observa unha mellora no cultivo, no servizo e no consumo. "A Raul Pérez déronlle dúas veces o galardón como o mellor enólogo do mundo e por algo será". "O meu viño preferido da adega Algueira é o Risco con uva merenzao de cepas vellas, todos os viños son moi florais, moi persoais de Fernando, espectaculares" afirma Formoso que leva dez anos encargándose da distribución da adega Algueira en Ferrolterra. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora