Á auga pares e nones

Á auga pares e nones
22 de Xuño, 2020 - 09:50 h. | Publicada por Radio Fene

A piscina do CMI abre hoxe ás 12 da mañá coa concurrencia dos socios e socias que teñen o número impar. A directiva adoptou unha serie de medidas de seguridade e parcelou a zona de esparcemento arredor da piscina.

ESCOITA O PODCAST:

Un día os pares e outro os impares. Parece sinxelo pero non o é. A directiva do CMI Unidade de Fene tomou a decision de abrir a piscina das instalacións hoxe luns 22 de xuño dada a demanda de socios e socias de facer uso dela este verán. Como son potencialmente unhas 1100 persoas as que poden acceder á piscina e había que reducir o aforo, optaron porque se acuda día si e dia non, dependendo de que o número de socio sexa par ou impar. “Foi a decision menos drástica” afirma a presidenta do CMI. Paula Romero asegura que “ se adoptarán todas as medidas posibles de seguridade”. Antes de acceder ás instalacións, os socios e socias deben cambiar o calzado que traen da rúa por outro distinto, deben levar posta a mascarilla ata que se instalan na súa zona, porque o cespede que rodea a pía foi parcelado para asegurar a distancia social. “Débese cumplir co aforo e coa distancia física en todo momento” mentres personal do CMI encargarase de desinfectar un par de veces ao día as instalacións. O horario da piscina será contínuo, de 12 a 20 horas. Hoxe inauguran os impares que poderán disfrutar dun día espléndido.

Outras actividades serán posibles este verán en San Paio, se todo marcha ben. De momento está prevista a presentación do libro gañador do Premio Perez Parallé do 2019 que se adiou desde maio a causa do confinamento. Regina Touceda asistirá á presentación do seu poemario a mediados de xullo, agora que o aforo permitido para este tipo de actos é do 75%. Non descarta Paula Romero outras actividades quizás para o mes de Agosto.

Deportes

Publica o teu comentario agora