Á cabeza na odontoloxía

Á cabeza na odontoloxía

03 de Xuño, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A nova clínica odontolóxica, María Soto, presentouse esta mañá en Fene. Instalada na casa da florista, na estrada da Palma en Maniños, ofrecerá unha atención especialmente orientada a persoas con diversas discapacidades. O luns abrirá as súas portas as 24 horas do día para exercer unha odontoloxía integral grazas a un equipo de especialistas formado por oito persoas. O Pote acolleu esta  mañá o acto q

A de Maniños é unha clínica dental para todo o mundo pero especializada en pacientes que requiren atencións  singulares nas diferentes patoloxías da odontoloxía, segundo a súa titular, María Fernández Soto, quen abría o acto dirixíndose aos presentes en língua de signos, un xesto simbólico que quere romper barreiras entre os especialistas e os seus pacientes. Se ben é certo que o cambio da clínica de Ferrol a Fene ven dada en parte para evitar as barreiras arquitectónicas, a filosofía da clínica María Soto, é rachar tamén coas barreiras personais.

"Nace un novo concepto de odontoloxía" Con esta frase resume María Fernández Soto, o traballo que se realiza na súa clínica de Maniños. Última tecnoloxía e especialistas moi reputados, colaboran nese obxectivo. O luns abre a Clinica María Soto, na estrada da Palma en Maniños. As 24 horas do día e con atención domiciliaria, hospitalaria e alí onde se precise.

 

 

Sociedade