Á venda o pazo dos Riobó de Cabanas

Á venda o pazo dos Riobó de Cabanas
31 de Xaneiro, 2023 - 07:37 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa Grande de Cabanas está á venda a través dun portal inmobiliario por dous con oito millóns de euros. O Concello, aprobou no último pleno, solicitar á Xunta a declaración de ben de interese cultural para este inmoble. A Casa grande de Cabanas ou Pazo dos Riobó acabou de construírse en 1672 por iniciativa do que sería arcebispo de Santiago, Francisco das Seixas Losada, natural de Cabanas e membro dunha familia nobre. Tanto o seu avó como o seu pai foron alcaldes da localidade. Encargoulle a construción ao mestre de obras Toribio de la Vega.

ESCOITA O PODCAST:

Responde ao estilo barroco dominante nesa época pero ten características peculiares ao pertencer o seu promotor ao ámbito eclesiástico. “Estamos diante dun barroco austero, a fachada é barroca pero carente de exceso de elementos decorativos” explican desde a oficina de turismo. O edificio responde tamén ao clasicismo anterior, propio da primeira metade do século XVII. Consérvanse no interior dous fragmentos de pinturas murais profanas, unha delas recreando a escena do mito de Perseo. Na Casa grande de Cabanas viviu o naturalista ferrolán Vítor López Seoane, un dos naturalistas máis importantes do século XIX, casado cunha descendente da familia. Alí atesourou unha colección que hoxe está dispersa por toda Europa.

Cultura

Publica o teu comentario agora