Ábrese o prazo de inscricións para o aluguer do Pavillón Municipal de Ares

Ábrese o prazo de inscricións para o aluguer do Pavillón Municipal de Ares

09 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ares abre o vindeiro luns 14 de setembro o prazo de inscrición para o aluguer do Pavillón Municipal. Os interesados en dispor das instalacións deberán cumprimentar o impreso de solicitude na Alianza Aresana ou a través da páxina web institucional.

Tanto para o  aluguer diario do Pavillón como para a solicitude do seu uso, dende o mes de outubro ata o de xuño de 2010,  formalizaránse as solicitudes nas dependencias da Alianza e cumprimentaráse un impreso. Tamén se poden inscribir a través da web do Concello www.concellodeares.com e envialo despois á dirección servizos.deportivos@concellodeares.

O prazo estará aberto ata a unha do mediodía do día 29 do presente mes, data na que se procederá á adxudicación das horas e uso do pavillón. Os criterios que se tomarán en consideración para  son os que establece o Regulamento desta instalación deportiva. Deste xeito, o día 1 de outubro comezará a rexir o horario.

En canto ás solicitudes, a Alianza Aresana abre ao público de luns a venres, de nove da mañán ata as dúas da tarde. No caso da web, os trámites poderán realizarse ao longo das 24 horas do día.

Durante a segunda quincena de setembro e ata final de mes poderase alugar a instalación deportiva con 24 horas de antelación na Alianza, no horario anteriormente mencionado.

Deportes