Álvaro Cunqueiro, hoxe hai 30 anos da súa morte

Álvaro Cunqueiro, hoxe hai 30 anos da súa morte

28 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A cidade de Vigo vía desaparecer a un escritor dotado dunha imaxinación prodixiosa e unha inigualable capacidade de observación que lle permitiu crear unha obra que tocou tódolos xéneros, entre os que destaca a poesía, a narración fantástica e o xornalismo.

O trinta aniversario da morte de Álvaro Cunqueiro en Vigo coincide este ano co centenario do seu nacemento en Mondoñedo. Despois de deixar a súa cidade natal, estudou bacharelato en Lugo e continuou a súa carreira en Santiago de Compostela. Exerceu de maestro, pero a maioría da súa vida adicouna á práctica do xornalismo en diferentes xornais galegos e nacionais. Pertenceu á Real Academia Galega e sobor de todo deixou tras de sí unha obra inmensa que renovou a literatura galega coa súa maestría lingüística e una fantasía sen igual.
Cunqueiro escibiu un ensaio titulado “As mil caras de Shakespeare”, pero este  título podería aplicarselle a el mesmo. Obras poéticas, recopilación da cultura popular, a súa relación co galeguismo, a vertente dramática,  as referenzas ó papel das boticas e as menciñas, a súa relación cos intelectuais galegos e o franquismo, a literatura gastronómica, o mundo celta e bretón e, por suposto o xornalismo son algúns dos temas que tocou o escritor mindoniense dende o seu particular mundo cheo de imaxinacións.
Como seguramente a mellor homenaxe que se lle pode facer a un literato é ler a súa obra, este ano 2011 estará repleto de oportunidades por toda Galicia. Lecturas dramatizadas, faladoiros, congresos, exposicións, publicacións sobre a súa obra e reedicións da mesma son algúns dos actos previstos. Sen ir mais lonxe, hoxe en Mondoñedo levouse a cabo unha ofrenda floral na súa tumba seguida dunha lectura pública de fragmentos da súa obra  “Xente de aquí e acolá” e unha conferencia do xornalista Ramón Pernas.

Sociedade