Ánimo Sabela

Ánimo Sabela
18 de Febreiro, 2020 - 11:34 h. | Publicada por Radio Fene

A lesión de Sabela amargou a victoria do Perlío feminino en San Sadurniño. Unha victoria que as mantén soñando e que terá o domingo 1 de marzo unha proba de lume con As Pontes.

ESCOITA O PODCAST:

Unha parte doce e outra amarga tivo a victoria do Perlío feminino en San Sadurniño o pasado sabado. San Sadurniño 1- Perlío 3 é a parte doce, unha victoria que afianza ao equipo dos Pinares na cuarta posición, empatado a puntos co terceiro, As Pontes. O lado amargo foi a lesión grave de Sabela que podería tela apartada dos terreos de xogo o que queda de temporada. A falta de saber esactamente o que lle pasa no xeonllo, todo parece indicar que é unha lesión seria. O técnico Juanjo Lorenzo quixo agradecer ao club do San Sadurniño as atencións prestadas e tamén a un médico presente no partido que lle prestou os primeiros auxilios e tranquilizou á xove xogadora do Perlío.

O encontro San Sadurniño- Perlío tivo ao vento facendo das súas desde o empezo, para dificultar o control do balón. A primeira parte custou pero, nunha xogada clave antes do descanso, marcou Marta e iso deu tranquilidade ao equipo para encarar a segunda metade, unido a que o Perlío tiña unha xogadora máis pola expulsión dunha contraria. Aínda así chegou o empate tras un corner que transformou o Sansa. Pero ao pouco, Judith marca un golazo que colocou de novo por diante ás xogadoras fenesas. A falta de 15 minutos do final, Marta puxo no marcador o definitivo 1-3.

Na próxima xornada hai descanso da Liga de futbol-7 feminina pola celebración do Entroido. Retomarase na seguinte semana, con toda probabilidade o domingo 1 de marzo. O Perlío recibirá nos Pinares ás rivais máis directas, As Pontes, coas que están empatadas a puntos, 18, e a catro do Cultural Maniños e Galicia de Caranza que ocupan os primeiros postos con 22 puntos. As Pontes foron líderes boa parte da competición e vai ser un choque dificilísimo, pero vale a pena o salto ao terceiro posto da liga, en palabras do técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora