ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
RaMona protagoniza o conto “Choiva de rás” de Änxela Loureiro,publicado por Xerais.
O batracio ten unha persoalidade algo toleirona pero que cambia ao longo da historia. É diferente pero ao remate logra que se lle respecte. A historia comeza na choiva de rás, o momento que se produce unha vez ao ano, no que todas as rás se xuntan para levar os ovos á lagoa. “Unha das rás non quere ser nai” afirma a escritora. “É un relato para crianzas pero con certa intriga e tamén con humor” conclue Loureiro.
Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería ser nai e levar os ovos á lagoa como o resto das ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías. Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen.