Árbores caídas e plásticos voando

Árbores caídas e plásticos voando
12 de Febreiro, 2026 - 01:32 h. | Publicada por Radio Fene

Cortes de luz en Fene e Ferrol na tarde noite de onte pola borrasca Nils. O forte ventou petou durante boa parte da noite. No parque situado ao pé da igrexa de Perlío nas vivendas da rúa do Castro, caeu unha arbore de gran porte, tamén unha arbore dunha finca privada caeu sobre a colídante en Conces. En Navantia uns plásticos voando provocaron danos nun vehículo. A Policía local de Fene tivo que precintar o acceso ao pantalán de Barallobre a pedimento da policía portuaria.

Fotografía Xan Xe

En Narón producíronse danos no Pazo da Cultura. O Concello de Valdoviño cortou a estrada de acceso ao Faro de Punta Frouxeira. Renfe suprimiu os trens de Ancho Métrico entre Ferrol e Ribadeo polos fortes ventos e estableceu un plan alternativo de transporte por estrada para os viaxeiros dos trens que tiñan previsto circular esta mañá entre as dúas localidades. O 112 atendeu onte en Galicia preto de 800 incidencias relacionadas coa borrasca. Máis dun terzo foron pola caída de árbores ou pólas na rede viaria. 319 rexistráronse na provincia da Coruña.

Arbore caída nas inmediacións do centro sociocomunitario de Perlío

Fotografía Xan Xe
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora