As árbores senlleiras de Fene

As árbores senlleiras de Fene

22 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

As árbores senlleiras de Fene e comarca centrarán a nova andaina do programa de Radio Fene, “Zona verde”. O xardiñeiro Antón Muñiz, dará conta, nesta tempada, dos exemplares máis ornamentais, antigos e históricos enclavados no término municipal. A pesares de non estar ningún incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, hai unha ampla variedade de árbores que pola súa singularidade pod&i

Especies autóctonas, árbores coníferas, exóticas, frondosas (como o piñeiro de Barallobre ou o carballo australiano sito en Astano), as fragas do Belelle ou a do Piqueiro merecen a súa incorporación no catálogo de Galicia, subliña Antón Muñiz. Destaca, por riba de todo, os carballos do Pote polo seu simbolismo cunha das nosas tradicións (a Romaría do Pote).

Estas árbores senlleiras de Fene carecen dunha figura de protección específica. Muñizí recalca a necesidade de protexer e respectar estos exemplares evitando podas salvaxes e dándolles os tratamentos fitosanitarios axeitados.

Sociedade