A área de Cultura da Deputación de Lugo entretén á chaira a base de música e teatro

A área de Cultura da Deputación de Lugo entretén á chaira a base de música e teatro

26 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As  festas de Álvare (A Pastoriza), que se celebraron onte, contaron este ano coa actuación da Coral de A Pastoriza gracias ao programa posto en marcha pola vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da súa Área de Cultura, en colaboración con Caixa Galicia. O plan do organismo provincial está destinado a promover as actuacións de grupos de música tradicional, bandas de música e corais. A actuación estivo sufragada

Con este programa de promoción das actuacións de agrupacións musicais lucenses, a vicepresidencia dirixida polo nacionalista Antón Bao, costea as actuacións destes grupos musicais evitando así que as comisións de festas e asociacións culturais, principalmente as das vilas e aldeas máis pequenas, teñan que costear os emolumentos dos grupos musicais e realicen xestións para contratar as actuacións. Con esta iniciativa se pretende ofrecer ás propias agrupacións musicais a posibilidade de actuar noutros lugares e de medrar profesionalmente xestionándolles actuacións ao longo do ano.

Cerca de 300 actuacións no 2009

Durante o 2009 Área de Cultura da Deputación de Lugo sufragou 292 actuacións, das que 175 corresponden a agrupacións de música tradicional, 99 a bandas de música e 18 a corais, para o que se invertiron 194.000 euros. Esta iniciativa pretende apoiar a cultura musical do país e fomentar a súa difusión en todos os eidos da sociedade, poñendo en valor os grupos da provincia.

Buxiganga en Outeiro de Rei

A área de Cultura da Deputación achegou esta fin de semana o teatro afeccionado ao concello de Outeiro de Rei cunha obra do grupo de teatro Axouxeres. Esta compañía da Mariña representou a obra O Velorio de Xan Perolo, que é unha adaptación feita a partir do texto Os Cravos de Prata de Nicolás Bela.

O grupo de teatro Axóuxeres nace en Foz no ano 1968 cun grupo de veciños dirixidos polo párro¬co da vila. Hoxe o grupo está baixo a tutela de Benito García Bolaño. As primeiras obras xorden con timidez, nun comezo en castelán, para pasar deseguido ao galego como norma habitual, adaptándoo constantemente a linguaxe d´A Mariña.

A obra O Velorio de Xan Perolo contou a historia de Xan, que é un vello avaro que ten unha granxa e mais unha destilaría. Vive coa súa muller Ana e mais o seu irmán Pepe. Cando a peza comeza obsérvase a Xan que, moi enfermo na cama, está a preparar o seu velorio e enterro. É moi importante para el que sexa mellor que o do seu veciño, o señor Besteiro. Máis tarde aparece o médico, no entanto no intre en que o está a recoñecer, Xan sofre un acceso de tose e pide chamar polo cura para se confesar

Proxecto destinado á promoción do teatro afeccionado

O proxecto Buxiganga xéstase no Consello da Cultura da Deputación de Lugo e execútase da man da Área de Cultura, dependente da vicepresidencia primeira, para promocionar aos grupos de teatro afeccionado e achegar esta disciplina artística aos veciños e veciñas dos concellos de Lugo. Un total de 16 agrupacións teatrais farán preto dun cento de representacións nas distintas comarcas de Lugo ao longo deste ano.

Sociedade