ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“A sanidade pública sofre un grave deterioro en Ferrol”. Afirmáronno así este mediodía representantes do PSOE, BNG e EU e membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Asinaron o manifesto fundacional de SOS Galicia. Denuncian o aumento alarmante das listas de espera, a conxelación dos cadros de persoal e o incremento das derivacións de usuarios aos centros privados concertados. Ademais critican o nulo compromiso da Xunta coa sanidade de F
A plataforma denuncia a supresión dun investimento de 63 millóns de euros inicialmente previstos para novos servizos no Hospital Naval. Segundo a voceira da plataforma, Mercedes Díaz, non se sabe a onde foron eses cartos.
Segundo a plataforma, a política sanitaria da Xunta está a facer inviable económicamente o sistema sanitario público como paso previo a súa privatización. A cidadanía xa está comenzando a sofrir un certo deterioro na atención sanitaria, afirmou Díaz. Desde o colectivo animan á cidadanía ferrolá a acudir á manifestación do 21 de novembro en Compostela en defensa da sanidade pública. “O goberno galego ten que contar coa opinión da cidadanía á hora de tomar decisións, sobre todo, cando se trata dun ben como é o da sanidade”, explicou.