ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cada vez hai máis fogares con mascotas. E iso provoca algúns problemas de convivencia. Unha minoría dos propietarios non recollen os excrementos, sinala a concelleira de Medio Ambiente de Fene, Cristina García Moroño.

“Non queremos que os paseos pola rúa se converta nunha xincana para evitar as cacas”, di a responsable municipal de Medio Ambiente. Por iso, o Concello puxo en marcha unha campaña informativa. “Unha campaña diferente”, destaca Cristina García, baseada en carteis que teñen a imaxe dun can. A foto da mascota semella unha ficha policial e o can leva un cartel co texto “Esquecín recoller a caca” e debaixo pon “A túa mascota é inocente”. Tamén se advirte de sancións de ata 500 euros para quen non recolla os excrementos das súas mascotas.
Publica o teu comentario agora