ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene vén de completar os traballos de poda de 118 árbores sitos en diferentes espazos públicos. Máis concretamente, no parque Rosalía de Castro, no parque Blanco Amor, no parque de Seguridade Vial de Barallobre, nas Vivendas de Sillobre e na Torre.

Segundo explicou o edil de Servizos, Andrés Serantes, os traballos correron por conta de operarios municipais, que se serviron de medios propios e máis dun elevador alugado polo Concello. Iniciáronse a mediados de novembro e prolongáronse ata esta mesma semana. Así mesmo, foi preciso proceder á tala de oito exemplares enfermos e sen posibilidade de recuperación.
Publica o teu comentario agora