ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Había coche de liña pola mañá e á noite que enlazaba nas Pontes para A Coruña. A liña era Ortigueira- Grañas- Guitiriz e viña aquí xente de Vicedo, Ourol e Muras coller o autobús. Moita xente, moitos oficios, moita actividade" indica Xesús Pardo Novás "Cefucho". As festas e feiras de Grañas do Sor concentraban a xentes de moitos lugares da comarca.
Hai documentación que recolle a celebración da feira de todos os primeiros domingos de mes desde 1899 ata 1969, cando se deixou de concorrer co gando, ao variar o sistema de comercio. Un fato de emigrantes retornados de Cuba formaron en 1933 a sociedade "Xuventude de Grañas". Colaborou coas escolas e organizaba bailes os dias de feira no seu salón. A feira do gado era no campo grande, por detrás das casas. Chegou a concentrar ata cen postos de venda de froita que se situaban en fronte das casetas, arredor do cemiterio vello. Os porcos vendíanse por debaixo da igrexa, os ovos, queixos e manteiga por debaixo das casetas. Tiña un posto o menciñeiro e ferrador "Paco das Mangas". Hoxe as antigas casetas esperan unha restauración que poña en valor un conxunto de moito valor sentimental para a poboación das Grañas do Sor. Está tramitada a cesión da propiedade e a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Só falta o último impulso.
Publica o teu comentario agora