A ética creativa, Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane

A ética creativa, Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane
15 de Novembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Luís Seoane e Díaz Pardo superan os seus desencontros a través do diálogo. "O importante foi o camiño, a ética creativa que se desprende das súas traxectorias, nas que destacan a fábrica de Sargadelos e o Museo Carlos Maside no Castro en Sada. É incrible a actividade que despregaba Isaac Díaz Pardo", segundo Xosé Luís Axeitos. 

ESCOITA O PODCAST:

Laura Bouza, Antonio Tizón e Henrique Sanfiz conversan con Xosé Luís Axeitos:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/141124AXEITOS.mp3

Fotografia Xan Xe

Xosé Luís Axeitos impulsa e coordina e edición das cartas de Luís Seoane e Isaac Diaz Pardo entre 1956 e 1979. Trátase da correspondencia entre dous perdedores da guerra, dous vencidos que loitan por dar sentido ás súas vidas. O complexo industrial de cerámica do Castro e de Sargadelos pretende converterse en símbolo dunha nova Galicia. Cartas de Luís Seoane e Isaac Diaz Pardo publicado por Editorial Renacimiento.
 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora