Éxito da andaina debuxada

Éxito da andaina debuxada
14 de Xuño, 2021 - 08:09 h. | Publicada por Radio Fene

A Andaina Debuxada pechou cun éxito de participación. Os alcaldes de Cabanas e Pontedeume recibiron aos participantes na actividade principal de Viñetas do Camiño, promovida polo Concello de Fene. A camiñada iniciouse onte domingo ás nove da mañá na Casa do Concello. Laura Bouza, Beatriz Seijo, Dulce Anca, Hugo Feal e Juan Manuel Rubio debuxaron e pintaron para as persoas participantes na camiñada que finalizou en Pontedeume

Carmen Martín na Andaina debuxada

A Andaina Debuxada estivo acompañada por unha guía oficial da Xunta de Galicia, que ofreceu aos participantes información de cada unha das paradas. Algúns camiñantes aproveitaron os descansos tamén para debuxar tamén nos cadernos que repartiu a organización. Cómpre destacar a alta participación, mesmo de persoas de fóra da comarca. Así, tomaron parte na andaina debuxantes urbanos chegados de Santiago e un grupiño de persoas procedentes do Concello de Outes. Destacou a presenza de moitos nenos e nenas, entre os que estaba Martín Golpe Rey, un alumno de segundo de Primaria do CEIP Centieiras que foi pedíndolle a cada un dos artistas un pequeno debuxiño para o seu caderno. Tamén persoas da Asociación de Fibromialxia de Ferrol e das asociacións fenesas do Pote, Agarimo e Airiños sumáronse á iniciativa, así como un grupo da Asociación Sociocultural ASCM, que se achegou ata a igrexa de San Nicolás.

Cultura

Publica o teu comentario agora