Éxito da primeira festa en Fene

Éxito da primeira festa en Fene
02 de Xaneiro, 2023 - 01:33 h. | Publicada por Radio Fene

“Había moitas ganas de celebración. Todo o mundo estaba a gozar e non houbo ningunha incidencia”. Resumo da primeira festa de Aninovo en Fene. Organizouna o Concello. A responsable da idea foi a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, que non parou de recibir felicitacións pola iniciativa. 

ESCOITA O PODCAST:

“Recibín moitas felicitacións, persoalmente e por mensaxes. Houbo moita xente e foi un ambiente moi bo. Nada máis pasar as uvas a carpa xa practicamente chea”, detalla a concelleira. O balance. “O aforo da carpa era de 600 persoas e estivo sempre chea, sen agobios nin problemas de espazo. Esgotáronse as existencias de bebida e tiveron que repoñer. Non sen cifras exactas porque o acceso era sen entrada, penso que durante toda a noite pasouse de mil persoas ou ata dúas mil”. Participaron da festa persoas de todas as idades, a maioría de Fene, pero tamén de Narón ou Ferrol. Houbo churros para os que aguantaron ata a mañá. Pasada a festa, chegou a quenda dos servizos de limpeza  e a retirada da decoración que tamén gustou moito. Visto o éxito da iniciativa, haberá que repetila. Non puido empezar mellor o ano en Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora