Éxito de Documenta Hórrea

Éxito de Documenta Hórrea
13 de Xaneiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Quedan poucos días para ver a exposición “Documenta Hórrea. Proxecto Magalofes” no local da asociación veciñal de Magalofes. A mostra tivo moi boa acollida, segundo declarou o presidente da entidade, Manolo Pico.

ESCOITA O PODCAST:

Os hórreos son os protagonistas da mostra organizada por Son Radiofusión e Laudas Calamity, coa colaboración da Deputación da Coruña e da asociación veciñal. Obras de artistas como Malena Carballo, Laura Bouza, Andrea Pena, Juan Sobrino e Alejandro Coedo e fotografías realizadas por Xan Xe están expostas en Magalofes, unha parroquia que pode presumir de contar con 36 hórreos, construccións típicas da casa labrega galega que son unha das mostras máis recoñecibles da nosa arquitectura popular. A Rede Hórrea quere que se recoñezan os hórreos como patrimonio cultural da humanidade e Son Radiofusión súmase a esta iniciativa para pñoñer en valor os piornos ou cabazos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora