Éxito de inscritos no Slalom Scratch Fene

Éxito de inscritos no Slalom Scratch Fene
25 de Novembro, 2022 - 02:19 h. | Publicada por Radio Fene

O circuíto de Vilar do Colo acabará de prepararse esta tarde. Mañá, sábado, o son dos motores volverá encher o parque empresarial de Fene. Trátase do decimo oitavo Slalom Scratch Fene. A cita presentouse esta mañá na Casa do Concello. O alcalde, Juventino Trigo, destacou a importancia da proba para Fene

ESCOITA O PODCAST:

O director da carreira, Edgar Vigo, agradeceu o apoio do Concello e da Concellería de Seguridade ao Slalom Scratch Fene, que acada a maioría de idade duplicando o número de participantes. E iso supón supón un importante reto. Obriga a deseñar un novo tazado e tamén hai cambios no horario. As verificacións adiantáronse ás 7 da mañá para poder comezar a carreira ás 9 e rematar ás 10 da noite. A saída e a meta estarán na zona da empresa de padel Smash Padel. A entrega de premios farase no Bar Leña al Mono, en San Marcos, na parroquia de Sillobre. Oitenta e tres pilotos inscribíronse no Slalom Scratch Fene. Proceden na gran maioría da nosa comarca. 70 dos 83. Pero tamén hai corredores das provincias de Lugo e Pontevedra, así como de Asturias. A proba correrase mañá sábado no parque empresarial de Vilar do Colo en Fene. Última cita do Campionato de Galicia de Slalom. Repartiranse 930 euros en premios. A carreira chega á maioría de idade e duplica a participación habitual. Manuel Souto, Fran Pico e Iván Picallo loitarán pola vitoria final no campionato.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora