ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis de 70.000 persoas visitaron a exposición de Antonio López na Pedrera, organizada pola Fundación Catalunya La Pedrera. Nesta ocasión, a Fundación organizou en Barcelona unha gran retrospectiva do artista que é o representante por excelencia do movemento realista español da segunda metade do século XX. De produción lenta, meditada e minuciosa, a súa obra non admite simplificaciones. A mostra pechou onte as súas portas.
“Eu podo pintar de presa, pero na primeira escultura a Mari en 1961 traballei lentamente” afirma o pintor e escultor Antonio López. En 2011, o Museo Thyssen_Bornemisza e o Museo de Belas Artes de Bilbao dedicaronlle exposicións temporais con obras de todas as súas etapas. Unha mostra retrospectiva presentouse na Fundación Catalunya La Pedrera de Barcelona en decembro de 2023 e xaneiro de 2024.
Antonio López (Tomelloso, Ciudad Real, 1936) representa o movemento realista español da segunda metade do século XX. De produción lenta, meditada e minuciosa a súa obra non admite simplificacións. Con cada pincelada destila o entramado do obxecto ou da paisaxe, ata que consegue plasmar a súa esencia no lenzo. A exposición na Pedrera reúne unha coidada selección dun cento de obras -entre pintura, escultura e debuxo- que permite trazar un percorrido pola traxectoria deste artista ao longo de sete décadas de traballo.
Fotografía Xavi Torrent. Fundación Catalunya La Pedrera
Publica o teu comentario agora