Éxito de público e organización

Éxito de público e organización
18 de Maio, 2025 - 09:06 h. | Publicada por Radio Fene

Éxito de público e de organización no torneo de fútbol 11 alevín organizado pola S.D.Barallobre. Máis de cincocentas persoas pasaron ao longo da xornada polo campo do Ramo e aproveitaron o dia soleado para gozar das instalacións e da práctica deportiva. Participaron o Numancia de Ares, CCRD Perlío, Irmandiños de Moeche, Ánimas e Club de Campo de Ferrol.

Os partidos xogáronse entre as nove da mañá e as nove da noite. Os xogadores e xogadoras levaron medallas conmemorativas. O Club de Campo venceu na final ao Numancia de Ares pero todos os equipos gozaron do evento. 

Deportes

Publica o teu comentario agora