ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O auditorio da Casa da Cultura de Ordes encheuse de público para participar nos dous actos programados para esta fin de semana, o Certame de Bandas e o Día da Muiñeira. O sábado foron as bandas as protagonistas nun acto no que participaron a Banda de Música Sementeira de Cambre, e os anfitrións, a Banda de Música de Ordes. Foron centos de persoas as que acudiron a este concerto, entre eles os concelleiros José Ramón Vázquez Rañ
Por outra banda, a xornada do domingo estivo adicada ao folclore coa celebración do Día da Muiñeira, que tamén debido ao mal tempo celebrouse na Casa da Cultura. Unha Casa da Cultura abarrotada de xente que non se quixo perder a actuación das catro agrupacións participantes, o Grupo de Danzas Asociación Cultural Veciños de Leira; a Agrupación Folclórica Camiño Real de Poulo; a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo e a Agrupación Folclórica Cultural “Sementes do Arte” de Ordes. A este acto acudiron tamén os edís ordenses José Ramón Vázquez Raña e Lucía Iglesias que fixeron entrega a cada un dos grupos dun recordo deste día.