ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Moi boa acollida tivo o XIV Concurso de Tapas de Fene que acabou onte. Recollemos as impresións do desenvolvemento do certame nunha conversa coa concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira.
“Tivo moita aceptación”, di a concelleira que esta mesma mañá recolleu as opinións dos establecementos participantes este ano no Concurso de Tapas de Fene. “A impresión foi moi boa e tamén recollemos algunhas suxestións para o ano que vén”. A entrega de premios será dentro dunhas semanas. Nos próximos días reunirase o xurado. Unha vez que o xurado profesional emita o seu fallo e cando se efectúe o reconto de votos depositados pola clientela que xulga as tapas gañadoras por votación popular saberemos quen son os galardoados nesta edición do Certame.
Publica o teu comentario agora