Éxito do Moo Duk Kwan na fase final da Liga Khan celebrada en Vilalba

Éxito do Moo Duk Kwan na fase final da Liga Khan celebrada en Vilalba

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As instalacións da sala polivalente do Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acolleron a fase final da Liga Mº d.C. Khan de Taekwondo que deixaron un resultado moi favorable para o equipo local. O club vilabés Moo Duk Kwan acadou o primeiro posto nas categorías de 5 e 6 anos, 7-8 anos, 11-12, 13-14 e mais de 18 anos.

Álex Anido, José Dasilva e Carlos Bolaño conseguiron un particular triplete para o conxunto vilalbés na categoría mais pequena, aquela que disputaban os cativos de 5 a 6 anos. Samuel Moreno, na de 7 a 8 anos; Janice López, na de 11 a 12 anos; Michael José López, en cadetes, e Rubén Prado, na de mais de 18, foron os restantes ouros chairegos.

 

Outros resultados destacados foron a prata de David Ansede na categoría de 11 a 12 anos, e os bronces de Jesús Ferreiro, de 7 a 8 anos; e Adrián González e María Ledo, na de 11 a 12 anos.

Deportes