Éxito do obradoiro de educación sexual

Éxito do obradoiro de educación sexual

12 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través da Concellería de Sanidade, está desenvolvendo estes días un ciclo de obradoiros de educación sexual e afectiva para os que conta coa colaboración do Consello da Xuventude.
Hoxe foi o primeiro día no que se celebrou este taller que contou coa participación de máis de 50 alumnos e alumnas de 3º do IES Maruxa Mallo. Uns talleres que se prolongarán tamén durante os próximos días

Esta iniciativa que leva a cabo a concellería de Sanidade de Ordes, enmárcase dentro dun programa de talleres dirixido a mozos e mozas ordenses que daba comenzo xa os pasados meses coa celebración dun obradoiro sobre a prevención do VIH e outro sobre as drogodependencias.
 

Sociedade