Éxito dunha nova andaina polo roteiro do río Mercurín

Éxito dunha nova andaina polo roteiro do río Mercurín

23 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través do programa Voluntariado Verde, segue promocionando o seu cuarto bloque de actividades relativas a iniciativas relacionadas co sendeirismo e actividades na natureza a través da realización dunha nova andaina polo roteiro do río Mercurín que tivo lugar o pasado sábado. Durante a actividade, un grupo de persoas realizaron os 15 quilómetros de percorrido do roteiro, disfrutando á vez da fauna e flora características de

Tal e como explicaron dende o departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes, as actividades de sendeirismo volverán a realizarse nos próximos meses cun novo roteiro que pasa polas parroquias de Buscás e Poulo.

Segundo o concelleiro, Xesús Pedreira, "as actividades de sendeirismo son unha boa forma de entrar en contacto coa natureza a través de camiñatas ó aire libre, xa que permiten mellorar de forma saudable as condicións físicas e psíquicas dos participantes, permitindo ademáis unha sana convivencia entre amigos e familiares."

Sociedade