Éxito garantido do concerto de Los Suaves en Expourense

Éxito garantido do concerto de Los Suaves en Expourense

01 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O concerto de Los Suaves o vindeiro 18 de setembro en Expourense non é unha cita máis para os ourensáns. Cando faltan algo mais de dúas semanas para a celebración do evento,  xa se converteu nun éxito con máis de 6 mil  entradas vendidas e previsións de completar o aforo. Das entrada de 10 euros só quedan por vender mil. Unha vez esgotadas poranse á venda outras 2 mil a 15 euros. Os puntos de venda son os seguintes:

O directo de Los Suaves o vindeiro 18 de setembro en Expourense é, posiblemente, o  máis importante da historia do grupo. Mais de 100 persoas traballan  para que o evento sexa un éxito sin precedentes. 11 cámaras, 2 grúas, 2 unidades móbiles de audio, 3 pantallas xigantes, un grupo entregado e milleiros de asistentes, conforman o cóctel perfecto para asegurar unha actuación espectacular. Los Suaves tentarán plasmar o mellor disco en directo da historia do rock galego.

Sociedade