ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Son Radiofusión celebrou o Día dos Medios en Galego cun programa especial emitido dende a sala Capitol de Santiago de Compostela onde Ortiga e Grande Amore fixeron gozar aos oíntes e aos alí presentes. Aquí podes escoitalos.
Patty Castro, secretaria e tesoureira de Musicas Ao Vivo, Isaac González, cofundador do portal AGORA.GAL, Fran da Lobeira, presidente da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego, Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, Henrique Sanfíz, secretario de Son Radiofusión e vicepresidente de AMEGA, ademais dos propios Ortiga e Grande Amore foron os convidados no espazo radiofónico conducido por Pablo García e Susana Falcón. A mensaxes transmitidas deixan claro que o galego ten moito que dicir nos medios e que a nosa lingua está a ser fundamental na creación de novos espazos audiovisuais en rede e nas canles tradicionais. A rapazada encheu a sala Capitol para cantar e bailar nun concerto que foi emitido a través das ondas de Radiofusión.
Na imaxe, Pablo García e Susana Falcón entrevistando a Henrique Sanfíz e Valentín García.
Fotografía: Xaime Cortizo.
Publica o teu comentario agora