Éxito teatral do grupo da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol

Éxito teatral do grupo da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol

10 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nova actuación exitosa do grupo de teatro da Asociación Sociocultural de Minusválidos. Se hai unha semana actuaban no Centro de Maiores de Narón, onte facíano na Residencia “Geriatros”, ubicada no barrio de Esteiro. O grupo representóu “Con Premeditación e Aleivosía”.

 O argumento de "Con premeditación e aleivosía"  centrase no día a día dunha familia na que conviven diferentes membros, cada un cunha persoalidad distinta. Así podemosnos atopar ca avoa Manola que padece principios de Alzheimer, o avó Rufo, afectado de Parkinson, unha neta con síntomas de anorexia. En fín que será unha convivencia problemática. A actuación contóu cun grande respaldo do público, que encheu a sala do centro Geriatros.

O grupo de “Teatro ASCM”, nacía no ano 2006, dirigido por Paco Sanesteban. En el 2007 realizaron  a sua primera actuación externa e dende entón actuaron en varias asociacións veciñais, centros de maiores e colexios da comarca, superando a treintena de actuacións.

Sociedade