Óscar Losada:”Todas deben aportar algo”

Óscar Losada:”Todas deben aportar algo”
10 de Xaneiro, 2019 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

“Todas as xogadoras do Baxi Ferrol deben aportar algo nesta segunda volta da Liga para lograr a permanencia na Primeira División do baloncesto feminino” afirma o director da revista Zona Press, Óscar Losada. As ferrolanas gañaron o primeiro partido da segunda volta o pasado domingo fronte ao Al-Qazeres Extremadura. Afronta con optimismo a súa visita ao dificil Cadí la Seu.

ESCOITA O PODCAST:
Shelby defendendo co Baxi Ferrol

Losada destaca tamén a importancia do partido fronte ao Zamora que se xogará na Malata a xornada despois do desprazamento á Seu dÚrgell en Lleida. Na súa opinión, “a adestradora Sandra Prieto ten un reto dificil, ainda que o triunfo fronte ao Extremadura pode despexar a cabeza”.

As opcións

Gran parte das opcións do BAXI Ferrol de conseguir a permanencia na liga Dia pasan por gañar os cinco partidos que lle restan por disputar no pavillón da Malata. Polo recinto departamental pasarán o Zamora, o 19 de xaneiro; Durán Maquinaria Ensino de Lugo, o 2 de febreiro; Lointek Gernika, o 23 de febreiro; IDK Gipuzkoa, o 16 de marzo; Sant Adriá, o 30 de marzo.
Dada a importancia deses encontros para o futuro do equipo, o club decidiu sacar á venda uns abonos para ese cinco enfrontamentos. Desa forma, os abonos terán os seguintes prezos:
Abono Familiar (2 adultos). 35 euros. Por cada menor de 16 anos que se inclúa pagaranse 3 euros máis.
Abono Individual (1 adulto). 25 euros. Por cada menor de 16 anos que se inclúa pagaranse 3 euros máis.
Abono Novo (De 16 a 25 anos). 15 euros.
As persoas interesadas en acollerse a esta promoción poden pasarse hoxe xoves de 7 a 9 polas oficinas do club ou tamén a próxima semana de luns a venres no mesmo horario. Tamén se pode facer enviando un correo electrónico ao correo electrónico prensauniferrol@gmail.com, mandando o nome de todas as persoas que se desexen incluír no abono, así como o DNI, dirección, teléfono e o tipo de abono que se quere adquirir. O club ferrolán supera nestes momentos o mil cen abonados e espera conseguir máis apoios con esta campaña, para que as xogadoras se sintan aínda máis arroupadas nos encontros que disputarán como locais.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora