As últimas cigarreiras

As últimas cigarreiras
26 de Abril, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Culleredo

"Queríamos darlle voz ás últimas cigarreiras" indica a historiadora Ana Romero á hora de explicar como xurdiu o seu último libro sobre a fábrica de Tabacos da Coruña.  Materializouse a idea tras unha reunión informal con algunhas das últimas traballadoras da fábrica, á que acudiu tamén a coautora e conservadora da Casa Museo Pardo Bazán, Xulia Santiso. A pandemia retrasou un pouco a realización da investigación. 

ESCOITA O PODCAST:
Xulia Santiso e Ana Romero en Radio Fene

Xa pasaron vinte anos desde o peche da fábrica de Tabacos da Coruña. Pero as cigarreiras seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, as festas na fábrica e sobre todo a dor e a tristura dos últimos dias como cigarreiras. “A voz das últimas cigarreiras coruñesas”, un libro de Ana Romero e Xulia Santiso publicado por Baía edicións. A conversa completa coas autoras deste libro poderá escoitarse en Radiofusión este xoves ás 11 da mañá.

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Sociedade

Publica o teu comentario agora