ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Trátase dunha actividade que se desenvolverá entre a piscina municipal e a praia de Chanteiro e que permitirán aos interesados vivir a súa primeira experiencia no mundo do buceo.
Os bautismos comezarán cunha primeira práctica en piscina para aprender a manexar un equipo lixeiro (máscara, tuba e aletas). Tamén nesta primeira sesión se amosará aos participantes un equipo pesado de mergullo, o que logo empregarán o segundo día na súa inmersión en praia.
En principio, a Concellería de Xuventude, Ocio e Deporte de Fene anuncia dous bautismos de mergullo. Námbolos dous casos estarán diririxidos polo Club de Actividades Subacuáticas Nautilus. O primeiro se celebrará esta próxima fin de semana, entre os días 16 e 17 de maio, e o segundo será a comezos do mes de xuño, na fin de semana do 6 e o 7.
Para inscribirse cómpre ter máis de 14 anos, saber nadar e pagar unha cuota de 6,15 euros. As persoas interesadas en apuntarse deben dirixirse ao Departamento de Mocidade, Deporte e Ocio do Concello de Fene, na Avda. Naturais, número 44, entrechán dereita.