ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Chega ao seu fin "Lobos doentes" adaptación da novela homónima de Antonio Tizón, unha obra que mistura xénero negro e saúde mental. O episodio número oitenta e dous poderá oirse na sintonia de Radio Fene e de Radiofusión ás nove da noite. Permanecerá tamén nesta páxina web e divulgarase a través das redes sociais.
Son Radiofusión produciu o pódcast "Lobos doentes" en 2022 contando coa colaboración da Deputación de A Coruña. Máis de trinta actores e actrices profesionais e afeccionados participaron nos 82 capítulos nos que se dividiu a obra. A novela negra en forma de libro saíu do prelo neste 2023 da man de Edicións Xerais.
O podcast de "A matriarca. O caso de Ramiro Gallego” será a quinta e última entrega da serie Sánchez Pereiro, que está a producir Son Radiofusión durante os últimos anos, dende a publicación da primeira obra da pentaloxía, A antesala luminosa (Xerais, 2015). Unha pentaloxía de novela negra e saúde mental, conformada, ademais, por Un home estraño, VI Premio Internacional de Narración Curta Cidade Centenaria de Ribeira (Xerais, 2018), Os incurábeis (Xerais, 2020), Lobos doentes (Xerais, 2023), e A matriarca, aínda en proceso de elaboración. Por primeira vez, Antonio Tizón, o autor, acometerá antes a escritura do podcast ca a da novela. Trátase, en definitiva, dun proxecto de cinco obras, escritas e publicadas como novelas e adaptadas despois á linguaxe radiofónica para adoptar o formato podcast, un caso inédito ata agora na historia da narrativa galega.
Fotografía: Antón Ramos
Publica o teu comentario agora