ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Fundación Juana de Vega continúa, unha edición máis, colaborando coas persoas para “tecer o futuro da Galicia rural”, tal e como reza o lema do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias que o ano que vén cumprirá catorce edicións en activo sendo a única iniciativa destas características en Galicia.

Está dirixido aos campos agroalimentario, forestal, bioeconomía, planta ornamental, marisqueiro e pesqueiro ou iniciativas de base tecnolóxica e de servizos que lles dean soporte.
O último día para candidatarse é este venres, 5 de decembro a través do formulario habilitado na web https://programadeapoyo.juanadevega.org. Aquí, os interesados poden atopar máis información e as bases da convocatoria.
Desde 2012, a Fundación Juana de Vega impulsa con fondos propios o Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias, acompañado neste tempo a uns 130 beneficiarios radicados por toda a comunidade. “O apoio aos emprendedores e empresas rurais é unha tarefa central para a Fundación Juana de Vega. Son axentes dinámicos da sociedade civil que crean riqueza vinculada ao territorio. Eles aprenden aquí a consolidar e facer crecer os seus proxectos e nós aprendemos deles novas oportunidades de mellora do noso mundo rural”, ten manifestado Enrique Sáez Ponte, presidente da entidade.
Os doce proxectos seleccionados participarán ao longo de 2026 nun programa de 50 horas de formación e 25 de mentoría totalmente personalizadas ao seu caso.
No Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias poden participar iniciativas nos campos agroalimentario, tanto produción como transformación ou comercialización; proxectos do sector forestal, bioeconomía, planta ornamental, tamén marisqueiro e pesqueiro ou proxectos de base tecnolóxica e servizos que dean soporte aos anteriores. Todos teñen que estar localizados en Galicia e poñer en valor os recursos do territorio.
Publica o teu comentario agora