ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Continúa ata mañá martes, último día das actividades, a Semana Europea da Mobilidade no Concello de Fene. O roteiro turistico en bicicleta que se ía realizar onte domingo suspendeuse por mor do tempo. Esta actividade organizada polo montañeiro fenés, Xosé Seco, trasládase ao sábado 3 de outubro, segundo informou a Concelleira de Medio Ambiente, Amalia García Balado.
Nos últimos coletazos desta campaña organizada polo concello fenés baixo o lema “ Mellora o clima da túa Cidade” nesta xornada remata o curso teórico práctico para aprendera montar en bicicleta. A aprendizaxe realízase no Parque de Educación Viaria de Barallobre.
Os descontos do 50% nas viaxes cos autobuses Arriva e Autocares Capela prosiguen ata mañá martes incluído. A Compañía Arriva desconta a metade do prezo das viaxes Maniños- Ferrol nos horarios de oito, nove menos cuarto e nove e dez da mañá. A ruta Maniños- Fene conta co desconto nas viaxes á unha e media, dúas e dúas e media da tarde. Pola súa banda Autocares Capela fan o desconto do 50% en todas as paradas do Concello de Fene ata mañá martes 22 de setembro.
A iniciativa de taxi compartido, continúa tamén ata mañán, con viaxes aos puntos nos que os viaxeiros vaian ao cemiterio, residencia ou polígonos.