A única xefa entre 6.000 homes

A única xefa entre 6.000 homes
25 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Tivo que enfrontarse a machismos e peripecias. En 1972 a ferrolá María del Carmen Tuñón empezou a traballar en Astano. Ascendeu a analista xefa do estaleiro. Foi a primeira muller que logrou o título de enxeñería técnica naval en Ferrol. Era a única xefa entre 6.000 homes que compoñían daquela o cadro de persoal da factoría. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Raúl Villa, enxeñeiro naval e coautor do libro "La mujer en la mar" http://173.255.131.18/audio/241022VILLA.mp3

Raúl Villa en Radio Fene

Foi o seu primeiro e único emprego durante 33 anos. Chegou á prexubilación en 2005. Entrou en Astano cando estaba a piques de botarse o Arteaga e o Santa María. Foi unha das poucas mulleres que logrou abrise paso nun mundo masculinizado en toda a súa escala laboral aínda que non a única. Con ela había outras 10 compañeiras: “unha secretaria, dúas perforistas, dúas delineantes e catro no economato”.

A súa experiencia é unha das que se reflexa no libro “La mujer en la mar” de Raúl Villa e Bartolomé Cánovas. A vida foi moi dura con elas ao principio  e a dia de hoxe a muller aínda non ten a participación do 50%. Na Armada só houbo catro mulleres comandantes de barco. Afiliadas ao réxime do mar hai un 20% de persoal feminino, pero aí  se inclúen as mariscadoras. A primeira capitana da Mariña Mercante foi Mercedes Marrero na década dos anos 80 do século XX. Dúas mulleres fan o prólogo do libro, a ministra de Defensa Margarita Robles e a conselleira do Mar Rosa Quintana. “La mujer en la mar. Historias de sueños cumplidos”, o libro está á venda a través de Internet e na Fundación Exponav en Ferrol.

 

Sociedade

Comentarios

El libro representa un homenaje y reconocimiento al trabajo de la mujer en el sector quizás más importante de España como es el maritimo. Gracias y felicitaciones a sus autores.
Nome: 
Laila

Publica o teu comentario agora