‘Rapa’ volve a Ferrolterra

‘Rapa’ volve a Ferrolterra
07 de Xullo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

‘Rapa', o thriller criminal dos creadores de 'Hierro', contará con una segunda temporada, que se gravará novamente Ferrolterra. 

O asasinato da alcaldesa de Cedeira, á que interpreta a ferrolá Mabel Rivera, desencadea unha trama que xoga coa empatía do espectador e o concepto de xustiza como un equilibrio ou contradición entre o xurídico e o moral. O final aberto da primeira tempada deixaba adiviñar unha maior profundidade que será agora abordada. A serra de Capelada, a vila de Cedeira e moitos recunchos de Ferrolterra servirán de novo como escenario para un serie que ven de converterse nun grande éxito de crítica e audiencia. Creada por Pepe Coira e Fran Araújo, ‘Rapa’ coroase como o mellor estreo da plataforma Movistar Plus dende a segunda tempada de ‘Hierro’. A trama dos novos capítulos estará centrada en Ferrol, onde un caso sen resolver volverá a unir a Tomás, interpretado por Javier Cámara, e a Maite, interpretada por Mónica López.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora