“A Esmorga” líbrase da tesoira franquista

“A Esmorga” líbrase da tesoira franquista

08 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Ler A Esmorga tal como Eduardo Blanco Amor a concibiu. A Editorial Galaxia quere ofrecer esta oportunidade coa saída do prelo dunha nova edición da novela na que por primeira vez se inclúen as pasaxes eliminadas pola censura franquista. O investigador Xosé Manuel Dasilva descubriu, no seu estudo As vicisitudes editoriais d’A esmorga, que 50 anos despois da súa publicación a obra

Escrita os meses de maio e outubro de 1955, a Editorial Galaxia quixo publicar A Esmorga ao ano seguinte, logo do xuízo eloxioso de Ramón Piñeiro, o seu director literario, probablemente o primeiro lector da novela na nosa terra. Non obstante, a censura opúxose frontalmente á edición do libro. O falanxista Miguel Piernavieja del Pozo, censor que avaliou a mediados de 1956 a obra, ditaminou que se empregaba nela un "lenguaje soez", polo que A esmorga tivo finalmente que ser publicada en Buenos Aires no ano 1959 (Editorial Citania) e non se puido ler en Galicia ata 1970. Desde Galaxia aseguran que a nova edición “é a versión definitiva dunha novela que estaba chamada a cambiar a historia da narrativa na nosa lingua”.

Cultura