ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Así resume Xan Pampín, alma mater de Ailá, a relación do grupo coa música, a paixón que imprimen ás súas actuacións e ás pezas que nos ofrecen.
Ailá é unha proposta festiva co obxectivo claro de achegar aos máis novos a música tradicional e poñernos a bailar e sentir, e que dá boa conta do inmenso patrimonio vinculado ao canto e ao baile tradicional de Galicia. O seu repertorio está baseado na investigación de numerosos arquivos sonoros tratados con arranxos modernos e enerxéticos.
Á fronte da formación está Xan Pampín e o seu acordeón, Ángela Carou pon ao grupo a súa voz e a percusión, Manuele Pardo que ademais da voz, tamén domina a percusión e a gaita, e a recente incorporación da zanfonista ferrolá Manu Fraguela.
Esta semana viaxarán a Xenebra pero poderemos gozar da súa música moito máis preto, xa que este ano estarán no Festival Internacional de Ortigueira, así que xa sabedes, non perdades a oportunidade de ir botar un baile con eles.
Publica o teu comentario agora