ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Sofía Espiñeira é unha artista multidisciplinar e vou engadir que tamén é unha nómade, porque aínda que está afincada en Compostela, esta muller que naceu na mariñeira vila de Mugardos, traballa por toda Galicia con proxectos vencellados ao circo, a danza, o teatro e, por suposto, á música e porque ademais non teme andar novos camiños.
Esta innata polivalencia de Sofía fai que os seus proxectos e propostas artísticas agromen en formas de moi diversa natureza. Mais é na música onde atopa o seu proxecto máis persoal, sobre todo na composición, tecer músicas e textos; unha inquedanza que leva dende sempre, dende que empezou a “tontear” coa guitarra que a súa nai tiña na casa e que a impulsa a compoñer cancións, “aínda que logo nunca as cante”.
O empurrón definitivo á súa faceta como cantante, veu no ano 2016 tras resultar gañadora do II Certame de canción de autor do concello de Teo. E mirade se os premios poden ser importantes para unha artista que este, o de Teo, permitiulle lanzar o seu primeiro traballo musical o disco “Alá onde agroman as herbas”, agora ven de presentar “Xeografías” un segundo traballo musical que a autora foi presentando en pílulas ben dosificadas e que agora podemos escoitar ao completo nas plataformas. , aínda que xa coñeciamos algunhas pezas.
Sofía Espiñeira forma parte dese grupo de mulleres novas que están a ofrecernos propostas artísticas do máis variado e do máis novidoso no panorama musical galego, dende o máis íntimo da súa proposta musical.
En Sons de Nos temos a seguridade de que ese fol que aparece en Xeografías, lonxe de estar baleiro ten espazo para moitas novas propostas dende todas as súas facetas artísticas.
Publica o teu comentario agora