“A pola compostelana”

“A pola compostelana”

11 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación de Veciños Altea de Xuvia (Narón A Coruña) organiza coincidindo coa celebración do Ano Santo unha ruta de peregrinaxe xacobea a Santiago de Compostela a través do Camiño Francés. A andaina partirá de Villafranca del Bierzo o vindeiro 28 de febreiro e rematará o 9 de maio en Santiago. O percorrido realizarase por etapas nas xornadas dos domingos.

A rota partirá ás oito da mañá da praza do antiguo concello, desde onde sairá un autocar con dirección ao punto de partida. Tras  superar as once etapas programadas, acadar a compostelana e ser nomeados na catedral como peregriños, terá lugar un xantar de confraternización nun restaurante da zona.  

As persoas interesadas en participar neste roteiro poden inscribirse no local social da entidade, sito na praza do colexio de Xuvia, de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Tamén nas xornadas dos domingos, de 16.00 a 20.00 horas. Tamén contan con dous números de teléfono nos que obter máis información: 981 393 561 e 616 665 265.

Sociedade