ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A risa máis cruel, as intimidades más vergoñentas, actos deshonestos e as vilanías máis astutas xurden no escenario coa comedia “ Shakespeare para ignorantes”. Posta en escea polo dúo Mofa e Beba e dirixida por Quico Cadaval represéntase este venres no Teatro Jofre.
A peza teatral mestura a palabra ignorancia, falla de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral coa figura do autor de “Romeo y Julieta”. Shakespeare: creador e produtor teatral de gran éxito no século XVII.
Mofa e Befa irrumpen na obra, cunha académica conferencia sobre o famoso autor para pór en primeiro plano as esceas máis ignoradas, por desidia ou falla de oportunidades, polo público actual. Asasinos, xuíces, bufóns, cornudos, delatores, racistas, oportunistas, chulos, torturadores, todas as personaxes que nunca teñen o protagonismo terán agora a sorte de presentarse no primeiro plano.
“ Shakespeare para ignorantes”, este venres ás oito e media do serán no Teatro Jofre de Ferrol. A entrada custa 10 euros.