“As transmisoras son as mulleres”

“As transmisoras son as mulleres”
31 de Maio, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A visibilización da importancia das mulleres na conservación e transmisión da música tradicional está presente na música de Faia Díaz. O seu traballo “Ao Cabo Leirín” editado en 2019 é unha reinterpretanción de pezas tradicionais conservadas polas mulleres das aldeas, “O 90% das pezas tradicionais, sobre todo as que teñen que ver coas coplas e as cancións, teñen sido conservadas e transmitidas polas mulleres”, afirma Faia Díaz. 

ESCOITA O PODCAST:

Faia Díaz leva a música no ADN porque na casa sempre estivo presente, os teus pais, Tereixa Novo e Ramón Díaz formaban parte de Fuxan os Ventos dende a súa creación e a súa influencia musical e vital de compromiso sempre está presente. Unha tradición musical familiar que lonxe de resultar unha responsabilidade á hora de iniciar a súa carreira musical resultou un pulo importante que reforzou a súa intención de subir a un escenario.

Seguramente a súa faceta máis coñecida é a que desenvolve  como fundadora e integrante do grupo musical De Vacas dende 2015, pero ten moitas máis. Forma parte do Coro Encaixe que temos coñecido no concurso televisivo “o happy day”, do que foron gañadores; participa tamén na compañía A Patacón desde 2017 e é impulsora de Nacho Faia Lar, un novo proxecto musical que leva a Zeca Afonso por bandeira. 

Por se isto fose pouco comparte escenario con Guadi Galego na súa última proposta “Síntese Horizonte” e está a preparar o que será o seu segundo traballo discográfico.

Imaxe: Lorena Teijeiro

Cultura

Publica o teu comentario agora