“A Unión Europea pode respaldar a oposición á estafa do Hospital de Vigo”

“A Unión Europea pode respaldar a oposición á estafa do Hospital de Vigo”

19 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Existe unha estratexia mundial para converter a saúde nun negocio”, explica o doutor Pablo Vaamonde, recordando o título do libro que coordinou para a editorial Laiovento hai catro anos co título “A saúde como negocio”. Agora repite a fórmula cun novo volume que xira arredor dunha instalación sanitaria sinalada como paradigma do novo modelo de xestión. “A comercialización

O coordinador do libro recoñece as dificultades de recuperar para a xestión pública a concesión a 20 anos que a Xunta de Galicia entregou ás sociedades responsables de financiar o hospital vigués. “Para recuperalo para dominio público non só tes que pagar o que a empresa gastou na construción, senón que hai que pagar tamén o lucro cesante, o que tiña previsto gañar de seguir tendo a concesión activa”, explica. Pablo Vaamonde mantén que “o mellor dos escenarios posibles” é que a Comisión Europea falle a favor das plataformas en defensa da sanidade pública logo de admitir a trámite a denuncia que presentaron ás institución comunitarias polas “moitas irregularidades” que cometeu a Xunta durante a concesión. Se a decisión resulta positiva, un goberno galego que quixese rescatar o Hospital Álvaro Cunqueiro, tería que pagar ás empresas privadas o gastado até a data “mais non o lucro cesante”. “Hai de prazo até setembro deste ano para que a Comisión emita unha sentenza e a partir de aí actuar”, resolve con esperanza. 

Sociedade