“Acorralados” (Telecinco, 21:45 h.)

“Acorralados” (Telecinco, 21:45 h.)

15 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Que haberiamos facer nós se tivésemos o cargo de Paolo Vasile, tendo que aturar o bronceado de Berlusconi cegándonos nos ollos e a ricos investidores italianos, seguro que con conexións na Ndrangheta calabresa, reclamándonos pingües beneficios pola súa participación na compañía? Dubido que fixéramos alarde dos escrúpulos dos que presumimos. A fin de contas, ben o sabe o cómico profesional, cando un chiste funciona hai q

Ao ollo do Gran Irmán vaille haber que botar colirio, pois non o dá pechado de tanto mirar. O caso é xuntar a famosos creados na propia factoría da televisión para regurxitalos no aparato dixestivo, situándoos como pezas intercambiables en diferentes modalidades de clausura. Aínda están recuperando a liña os famélicos superviventes da illa de Honduras, cando Jorge Javier Vázquez chama a formar a un novo pelotón disposto a levar vida de anacoreta no rural cantábrico. “Acorralados”, que así se chama o invento, debuta ás dez menos cuarto da noite en Telecinco. E, ao lermos ese título, é inevitable lembrar a frase do filósofo, aquela de que “de tanto mirar ao abismo, o abismo pódenos devolver a mirada”. Agora mesmo debéramos preguntarnos a que lado da pantalla están os acurralados.

Sociedade