“Algo máis que libros”

“Algo máis que libros”

19 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Baixo este lema celébrase a “X Semana do Libro de Culleredo”. Unha iniciativa organizada pola Concellería de Cultura de Culleredo a través das súas Bibliotecas Municipais “Xosé Cardeso Liñares” e “Uxío Novoneyra” de Vilamelania – Vilaboa e “Miguel González Garcés” de O Burgo. A cita que arrincou o pasado venres remata o vindeiro venres 23 de abril. O evento inclúense numeroso

Un total de quince actividades diferentes, desenvólvense nesta semana literaria de Culleredo. Accións dirixidas a todos os públicos, con programación para adultos, xóvenes e para os máis pequenos da casa.  Actividades súmanse ás que regularmente se desenvolven nas bibliotecas dende o mes de setembro, na súa programación habitual, que é causante en gran medida, do gran aumento tanto en número de socios, préstamos e consultas, que supón o ano de mais afluencia dende a súa creación.

Mañá martes, ás once, a Biblioteca “Miguel González Garcés” do Burgo acolle o Club de lectura: Comentar a lectura do libro "El juego de los abalorios". Xa ás seis e media da tarde haberá un obradoiro de ilustración, a cargo de María Lires dirixido a nenos/as de 9 a 13 anos. Á mesma hora a Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares” de Vilamelania-Vilaboa acollerá outro obradoiro paqra maiores de 7 anos. Denomínase"Instantáneas de plastilina", a cargo de María Noel Toledo.

O programa complétase  coas seguintes actividades:

O mércores as 11:30 h. na Biblioteca “Miguel González Garcés” do Burgo. Tertulia de arte: Comentar a vida e obra de Mondrian. Ás 17:30 h. Club de lectura: Comentar a lectura do libro "La música del hambre".  Ás 18:30 h. Contos con música: "Vento_Son" a cargo de Marisa Irimia e Juan Carlos Vázquez Otero. E á mesma hora na Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares. Vilamelania-Vilaboa. "Obradoiro de poesía". Ás 20:30 h. no edificio de Servizos Múltiples do Burgo. "Cancións contadas/Contadas Cancións". a cargo de Mon Santiso e Compañía.

O xoves 22, ás seis e media, "Contaconto" a cargo de Marisa Irimia: "O coidador de porcos" na Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares” Vilamelania-Vilaboa. No mesmo horario na Biblioteca Miguel González Garcés. do Burgo. "Obradoiro de iniciación á banda deseñada", a cargo de Gochi.

A derradeira xornada de actividades o venres 23, ás seis e media na Biblioteca “Miguel González Garcés” do Burgo. "Contos en inglés" a cargo de Conchi Fuentes.  Ás 20:00 h. no Bar "O Muíño", Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Apertura da Biblioteca do Cómic. Media hora máis tarde no mesmo escenario haberá teatro coa obra "Comisaría especial para mulleres" a cargo de Salmonela Teatro.

Cultura