ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A curta “Atrapado en tu tiempo” dos xóvenes ferroláns de 17 anos Gabriel Bescos, Diego Freire e Raquel Rodríguez proxéctase mañá por primeira vez nunha sala de cine. O pase da primeira creación dos novos realizadores terá lugar mañá venres nos Cines Dúplex de Esteiro ás cinco e media da tarde. A cinta, de 15 minutos, rodouse integramente na cidade de Ferrol e, especialmente, nos barrios de Esteiro e A Magdalena.
A primeira pedra deste proxecto púxose o pasado 23 de abril e ao longo destes meses percorreron un longo camiño non alleo de atrancos. Contan cunha productora propia máis poucos medios para facer o que máis lles gusta, dar a súa visión do mundo a través da cámara. Unha rodaxe divertida e caótica da que están a recoller os froitos. As críticas non se fixeron agardar tras a súa estrea hai unhas semanas na Casa da Xuventude de Ferrol. Opinións moi positivas a pesares dos escasos medios coas que contan.
Os tres compleméntanse á perfección. Diego escribe e prepara os guións, Gabriel encárgase da montaxe e Raquel é a conciencia do triunvirato, o Pepiño Grilo que controla o traballo.
Agora teñen xa o guión doutra curta BIC, onde cambian totalmente de rexistro. Trátase dunha curta policíaca á que lle seguerán outros proxectos como a serie “Long Play” ou “El año de la bala”, píluras de 2 ou 3 minutos rodadas na noite de Ferrol. Esta semana agardan arrincar a rodaxe de BIC no centro de Ferrol. Xirará arredor da investigación dun detective no interior dunha casa.
O seu obxectivo é enfocar as súas produccións a internet pois, como aseguran, supón unha fenestra aberta a calquera parte do mundo e onde se poden dar a coñecer con maior facilidade.
Moitos proxectos e un futuro prometedor. Os creadores de “Atrapado en tu tiempo” inclinarán os seus estudos por este camiño ata chegar a “algo máis serio”. Polo momento tras a súa estrea oficial mañá exhiben por primeira vez a súa ópera prima nunha sala. Un soño que se fará realidade mañá ás cinco e media da tarde. O pistoletazo de saída , esperemos, dunha fructífera carreira profesional.