ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coa gaita como protagonista, Boroa presenta un conxunto de melodías de creación propia construíndo un universo sonoro que propón unha viaxe musical alén do Atlántico.
Boroa son Sabela Olivares, gaita, piano, pandeireta e voz, Suso Bello, guitarra e voz e Alberto Millán no baixo.
A súa música parte da nosa raíz pero é innegable que se deixan conquistar por outras harmonías de diferentes xéneros musicais sen ningún tipo de conflito nas pezas que nos agasallan. A proposta de Boroa tense plasmado nun disco editado no 2023, “O clásico Fol” no que esa mestura de harmonías está máis que presente.
Compartimos con Suso Bello, guitarra e voz de Boroa este Sons de Nós, no que tamén aproveitaremos para falar desa outra faceta musical que comparte con Sabela Olivares e que é Os Jalochos, a súa proposta musical para as crianzas coa que acaban de editar un libro disco que levar por título “A Landra Viaxeira e o seu amigo Lambón” e que están a presentar cun espectáculo en directo.
Fotografía: Boroa
Publica o teu comentario agora